Commons:Obras derivadas

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
Obras derivadas noutras linguas:

Deutsch | English | español | فارسی | suomi | français | galego | italiano | 日本語 | português | português do Brasil | română | русский | 中文 | +/−

Esta fotografía da Venus de Milo é unha obra derivada. O artista que a creou morreu hai máis de 2000 anos, o que quere dicir que a estatua está no dominio público - con isto non hai problemas de copyright! Se vostede crea unha réplica da estatua, non pode rexistrar o copyright como propio.
Árbore de decisións para comprobar se unha obra derivada pode permanecer en Wikimedia Commons
Que é unha obra derivada?

Obra derivada, de acordo coa US Copyright Act of 1976, Section 101 defínese do seguinte xeito:

"Unha 'obra derivada' é unha obra baseada nunha ou máis obras pre-existentes, como unha tradución, arranxo musical, dramatización, ficionalización, versión de película, rexistro sonoro, reprodución artística, compendio, resumo, ou calqueira outra forma na cal unha obra poida ser refeita, transformada, ou adaptada. Unha obra que consista en revisións editoriais, anotacións, re-elaboracións, ou outras modificacións, as cales en conxunto, representen unha obra orixinal, é unha 'obra derivada'".

Brevemente, todas as transformacións dunha obra de creación suxeita ao copyright nun novo medio considérase unha obra derivada. Tamén todas aquelas modificacións que dan como resultado unha obra nova orixinal. Quen pode crear unha obra derivada? Vexa US Copyright Act of 1976, Section 106:

"(...) O propietario do copyright baixo esta prerrogativa ten os dereitos exclusivos para facer e para autorizar calqueira das accións seguintes: (...) (2) realizar obras derivadas baseadas na obra con copyright".

Ao contrario ca unha copia exacta dunha obra, que non xera por si mesma un novo copyright, unha obra derivada si dá lugar a novos dereitos. En todo caso, os dereitos de autor da obra orixinal permanecen. A persoa propietaria dos dereitos, poñamos por caso, un boneco animado de Darth Vader ou unha estatua de Picasso, ten o dereito exclusivo para crear obras derivadas. Iso inclúe fotografías da obra, posto que (como as decisións xudiciais refrendan) ese é un aspecto do seu traballo que o autor(a) pode desexar explotar comercialmente.

Se tomo unha fotografía dun obxecto coa miña propia cámara, reteño os dereitos sobre esa imaxe. Podo licenciala coa licenza que eu queira? Por que teño que considerar os outros propietarios do copyright?

Cando realiza unha fotografía, vostede adquire os dereitos da súa propia obra (a fotografía). Ao mesmo tempo, os dereitos do orixinal seguen existindo e non desaparecen. Se publica a fotografía está facendo algo que só o propietario do copyright orixinal pode facer. Iso é porque non pode utilizar a propia fotografía dun traballo con copyright (excepto como fair use/uso lexítimo) a non ser que o creador do orixinal outorgue o seu permiso para facelo.

Está dicindo que se fago unha fotografía dun neno que sosteña un boneco de peluche que representa a Winnie the Pooh, Disney ten os dereitos da foto por extensión da propiedade do copyright do deseño de Winnie the Pooh?

Non. Disney non é a propietaria do copyright da foto. Hai dous tipos de copyrights diferentes a ter en conta, o do fotógrafo (en relación coa foto) e o de Disney (o xoguete). Deben considerarse os dous por separado. Pregúntese: Pode usarse a foto como unha ilustración de "Winnie the Pooh"? Estou intentando saltar as restricións das fotografías de Pooh usando unha foto do xoguete? Se é así non está permitido usar a nosa foto.

O copyright de calqueira produto pertence a alguén? Que ocorre cos coches? Ou as cadeiras de cociña? E a caixa do meu ordenador?

Non. Moitos coches usan un deseño común que non é obxecto de copyright, porque carece de orixinalidade e creatividade. Outros elementos como esculturas, pinturas, bonecos animados que son creacións orixinais, por regra xeral, si xeran dereitos. Non hai unha liña clara entre o que se pode rexistar e o que non de cara a obter o copyright. Ocorre tamén que as diferentes lexislacións usan distintos conceptos sobre o que é orixinal. A lei alemana, por exemplo, ten un termo chamado Schöpfungshöhe, onde se define o nivel de orixinalidade que debe ter un obxecto ou debuxo para poder ter copyright. Por suposto, non hai unha definición legal para este concepto; vostede pode servirse do sentido común e da xurisprudencia (un bo punto de partida: [1]).

O deseño do seu reloxio espertador ou do prato que usa para cear porbablemente non teñan o copyright como poida telo Mickey Mouse. Por favor distinga entre producións artísticas (pokemon) e obxectos de uso diario (consolas de xogos, pratos); estes últimos non son obras no sentido do copyright, ou, dependendo da xurisdición, non dispoñen da suficiente orixinalidade para cumprir os requisitos para a protección baixo o copyright de ditos obxectos. Están protexidos, por regra xeral, polas patentes do deseño, as cales poden ou non poden (dependendo da xurisdición outra vez) permitir o uso comercial de imaxes para todo menos certos contextos determinados. Iso en principio non nos concerne, posto que é algo independente por completo do copyright e iso non é algo do que debamos preocuparnos.

Sei que non podo cargar imaxes de arte con copyright (como pinturas ou estatuas), pero que ocorre cos xoguetes? Os xoguetes non son arte!

Legalmente, moitos dos xoguetes son arte. É o mesmo caso se realiza unha foto dunha escultura ou dunha figura de Darth Vader. Ambas as dúas están protexidas polo copyright; en ambos as dous casos, o copyright da fotografía non anula o copyright orixinal, e en ambos os dous casos necesita o permiso do creador orixinal para publicar a imaxe. Non pode cargar imaxes dunha escultura de Picasso, non pode cargar fotografías de Mickey Mouse ou de figuras de Pokemon.

En numerosos demandas xudiciais tense demostrado que Mickey Mouse ou Asterix deben ser tratados como obras de arte. Iso significa que son suxeito do copyright, mentres unha culler de uso común ou unha mesa non son obras de arte. Estas últimas poden xerar dereitos no caso de que teñan un forma verdadeiramente especial froito do traballo do deseñador, pero as que vostede usa na cociña probablemente non.

Se Wikimedia Commons é un sitio non comercial! Que ocorre co fair use/uso lexítimo?

Wikimedia Commons é un proxecto non comercial, pero os principios do proxecto obrigan a que cada imaxe individual poida usarse de xeito comercial vía licenzas libres. Cada imaxe ou ficheiro multimedia debe estar libre de dereitos de terceiras partes.

O Fair use/uso lexítimo por regra xeral non está permitido en Commons. "Fair use" é unha excepción legal para imaxes que se eusan en certo contexto determinado; non é aplicable a bases de datos completas de material con copyright.

Pero como podemos ilustrar temas como Star Wars ou Pokemon sen imaxes?

Dificilmente. Probablemente teña que absterse de ilustrar eses artigos da Wikipedia. De todos os xeitos, hai un monte de oportunidades para ilustrar certos temas sen violar o copyright de terceiros. Este proxecto non se vai acabar porque non teñamos imaxes de Pikachu ou de Asterix. Tampouco temos imaxes das obras de Picasso ou Andy Warhol, pero seguimos escribindo artigos acerca deles.

E non, non importa se Mickey Mouse está impreso no debuxo dunha camiseta mercada con cartos propios que leva posta un mesmo mentres camiña por un espazo público recitando en voz alta a licenza GFDL. Iso non dá dereito a realizar unha fotografía da camiseta, recortar a imaxe de Mickey Mouse e cargala como material "libre". Nada do que poida facer, debuxar a Pikachu cos porpios lapises de cores ou facer unha escultura xigante de Sailor Moon, pode traspasar maxicamente o punto onde un material con copyright se converte en "libre".

Nunca escoitei iso antes! É algún tipo de interpretación creativa?

En realidade, non. As fotografías de esculturas de arte moderno ou pinturas non se poden cargar, e a xente acepta iso. Se aceptamos o precepto legal que determina que os personaxes de cómic e os bonecos animados poden ser considerados arte e ser obxecto de copyright, entón temos que concluir que debemos aplicar ese precepto aquí.

Casos prácticos[edit]

Como afecta o dito anteriormente á selección de imaxes que están permitidas en Wikimedia Commons?

  • Personaxes de cómic e bonecos animados: Nin fotografías, debuxos, pinturas ou calquera outro tipo de copias/obras derivadas están permitidos (a non ser que o orixinal estea no dominio público). Tampouco fotografías de obxectos que traballos derivados dos orixinais, como bonecas, xoguetes, camisetas, bolsas impresas, cinceiros, etc.
  • Pinturas encadradas: as pinturas que estean no dominio público xeralmente si están permitidas (vexa Commons:Licensing). Tamén pode usar escaneados doutros sitios web - non teñen copyright mentres non amosen o marco. Os marcos son obxectos tridimensionais, entón a foto pode ter copyright. Elimine o marco (vía recortar) e xa estará solucionado. Lembre: Sempre indique o nome do creador, a data de nacemento e morte, e cando foi creada, se pode! Se non o sabe, subministre canta información sexa posible da fonte (enlace de orixe, lugar de publicación, etc.). Así outros colaboradores poderán verificar o status do copyright.
  • Pinturas en covas: As paredes das covas non soen ser planas, máis ben tridimensionais. O mesmo ocorre con xarróns antigos e outros tipos de superficies irregulares ou rugosas. Isto pode significar que as fotografías poidan ter copyright incluso no caso de que as pinturas estean no dominio público. (Estamos buscando casos de estudo sobre isto!) Frescos antigos e outras pinturas no dominio público en superficies lisas poden usarse libremente, xa que reproducen obras de arte de dúas dimensións.
  • Fotografías de edificios e obras de arte en espazos públicos: as obras derivadas están permitidas se a obra de arte está exposta permanentemente (iso significa que está alí para permanecer e non para ser retirada despois de certo tempo). Comprobe en Commons:Licensing se a lexislación do seu país permite unha excepción do copyright chamada Panoramafreiheit (liberdade de panorama) en Alemaña.
    • Permiten libertade de panorama: Australia, Austria, Brasil, República Popular de China, Canadá, República Checa, Alemaña, India, Israel, Países Baixos, Polonia, Suecia, Eslovaquia, España, Suíza, Reino Unido
    • Non permiten liberdade de panorama ou está restrinxida: Armenia*, Acerbaixán*, Bielorrusia*, Bélxica, Dinamarca, Estonia*, Finlandia***, Francia, Xeorxia*, Hungría, Italia, Xapón***, Casaquistán*, Quirguicistán*, Letonia*, Lituania*, Moldova*, Noruega**, Romanía*, Rusia*, Uzbequistán*, Ucraína, Estados Unidos de América**
      * Estes países limitan a liberdade de panorama exclusivamente ao uso non comercial da imaxe. Permítense as imaxes de conxunto nas que o edificio ou a obra suxeita as limitacións do coypright non é o obxecto principal.
      **Estes países teñen liberdade de panorama só para edificios, porén non se permite para esculturas ou outras obras.
      ***Estes países teñen liberdade de panorama completa só para edificios, pola contra as fotografías de esculturas ou outras obras só poden reproducirse para usos non comerciais.
  • Réplicas de obras de arte: Réplica de obras no dominio público, como os souvenirs dos turistas coa figura da Venus de Milo, son copias e non obras derivadas, iso significa que non poden ser rexistradas pola persoa que creou a réplica. As fotografías deses elementos deben tratarse como as fotografías da obra de arte mesma.
  • Fotografías de obxectos tridimensionais teñen sempre copyright. Incluso no caso de que o obxecto fotografado estea no dominio público. Se non realizou a foto vostede mesmo, necesita permiso do creador ou asegurarse de que a fotografía está no dominio público (ou libre de dereitos).

Ligazóns externas[edit]

Casos de estudo
Outros sitios web útiles